Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

  • Inicio

Información Xuvenil

Os espazos municipais de información xuvenil do concello da Coruña, enmárcanse no servizo de Mocidade, dentro da área de Igualdade, Benestar Social e Participación. Caracterízanse por unha serie de trazos que os fai singulares e defíneos como instrumentos para facilitar a autonomía persoal da mocidade e para ofrecerlles unha atención integral e de calidade. Fronte a un modelo centralizado, o Concello da Coruña aposta pola descentralización dos servizos de información xuvenil e polo achegamento á mocidade, convertendo a dimensión territorial nun eixe estratéxico que permita a creación dunha nova relación co sector xuvenil na súa dimensión máis ampla.

Coñece a Rede de Información Xuvenil

A rede de espazos de información xuvenil da cidade caracterízase por ser centros xeneralistas nos que a xente nova pode atopar toda a información que necesitan: educación, lecer e tempo libre, mobilidade, asociacionismo, vivenda, emprego... Tamén contemplan asesorías especializadas, de centros de interese que, no transcurso dos anos, resultaron de máximo interese para as/os mozas/os da cidade.

Realizan, ademais, un traballo transversal que se desenvolve non só con outras áreas do Concello, senón tamén coas entidades xuvenís, asociacións e colectivos da cidade sendo un espazo que ofrece, ademais de información, recursos especializados atendidos por persoal cualificado e unha atención que oriente e acompañe á mocidade na toma de decisións.

Actualidade

  • Bolsas Fundación SEPI - REEO 2024

    Cando:

    A duración da bolsa sera de seis meses.

    Inscricións:

    Ata o 09/06/2024

    O Programa ten como finalidade facilitar a mozos titulados universitarios ou estudantes cun máximo pendente de 30 créditos ECTS, períodos de formación práctica, como bolseiras e bolseiros, en centros de traballo de REE baixo a supervisión de titores ou titoras.

  • Festival Mar de Mares

    Cando:

    Dende o 03/06/2024 ata o 22/06/2024

    Máis de trinta actividades para gozar do mar de mil maneiras; a bordo dun barco ou en terra, observando a súa paisaxe ou participando na limpeza do mesmo, degustando exquisitos bocados ou bailando ao ritmo de cantos mariñeiros, debatendo sobre o futuro dos océanos ou descubrindo a historia viva da nosa cidade…

  • Actos 25 aniversario Aquarium Finisterrae

    O 5 de xuño presentarase un selo conmemorativo e unha exposición filatélica sobre temas mariños. O sábado 8 de xuño realizarase unha xornada de portas abertas, con reserva previa de entradas.

  • RT feminina de Parkour

    Cando:

    Dende o 17/08/2024 ata o 18/08/2024

    A cidade de Santiago de Compostela acolle unha reunión de traceurs co obxectivo de fomentar e visibilizar o parkour feminino en Galicia e en España.

  • Curso de monitor/a de tempo libre

    Cando:

    Dende o 01/07/2024 ata o 14/08/2024

    A Escola de Tempo Libre Aldebarán organiza para este verán un curso de monitor/a de tempo libre, de luns a venres en horario de mañá e modalidade presencial.

  • Curso de operador/a de carretilla elevadora - Programa de emprego novo Somos GO - Cruz Vermella

    Cando:

    Xuño 2024.

    Formación para persoas novas de 18 a 29 anos inscritas en Garantía Xuvenil.

Convocatorias

RRSS Información Xuvenil

@MocidadeCoruna en X

@MocidadeCoruna en Facebook

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión